A Anpa do Conservatorio mostra a súa preocupación polo retorno ao centro e pide garantías de seguridade e saúde.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Anpa do Conservatorio traslada ao Concello o seguinte escrito:

Asunto: Solicitud de garantías de seguridade e saúde no Conservatorio Profesional Municipal do Carballiño tras o traslado provisional  e antes do retorno ao centro, con especial atención á problemática do gas radon.

 

Estimada Sra. Concelleira de Educación  Lorena Castro                      

 

Dende a   Asociación de Nais e Pais do Conservatorio Profesional Municipal do Carballiño dirixímonos a vostede como membro no consello escolar e como  máxima representante da área de educación do Concello do Carballiño    para facer seguimento da situación do edificio do Conservatorio e solicitar garantías de seguridade e saúde antes do retorno ás instalacións orixinais, unha vez finalizadas as obras de reforma destinadas a mitigar a presenza de gas radon.

 

Como é do seu coñecemento, o Conservatorio foi trasladado provisionalmente o edificio do centro educativo IES Nº1 do Carballiño  debido aos elevados niveis de gas radón detectados na planta baixa do edificio multifuncional. Agradecemos a disposición do Concello para abordar esta problemática e realizar as obras necesarias. Sen embargo, consideramos crucial que, antes de que alumnos, profesores, público e usuarios regresen ao centro, se cumpran unha serie de requisitos que garantan a seguridade e a saúde de todos.

 

Neste sentido, solicitamos formalmente:

     1. Medicións de radon post-reforma: Unha vez finalizadas as obras de mitigación, realícense novas medicións de radon en todas as dependencias do edificio por unha entidade acreditada e de acordo coa normativa vixente         (Real Decreto 1029/2022- reglamento sobre a protección da saúde por acción de radiacións ionizantes). Estas medicións deberán certificar que os niveis de concentración de radon se atopan dentro dos límites admisibles (inferiores a 300 Bq/m³) e, preferiblemente, por debaixo dos niveis recomendados pola OMS (inferiores a 100 Bq/m³).

    

     2. Entrega de informe de medicións: Os resultados destas medicións, xunto cun informe técnico que detalle as actuacións realizadas para a mitigación do radon, sexan entregados ao Consello Escolar e a directiva da Anpa do Conservatorio para o seu coñecemento e valoración.

    

    

     3. Elaboración e entrega dun Plan de Autoprotección actualizado: Elabórese e se entregue ao Consello Escolar un Plan de Autoprotección do Conservatorio que contemple tódolos riscos existentes e específicamente o risco de gas radon, incluíndo:

     – Protocolos de actuación en caso de detección de niveis elevados de        radon.

     – Medidas de prevención e control do radon a longo prazo.

     -Procedementos de ventilación e monitorización continua dos niveis de     radon.

     – Información e formación para a comunidade educativa sobre o risco do   radon  e as medidas de protección.

 

Consideramos que estas medidas son imprescindibles para garantir un entorno seguro e saudable para a actividade educativa no Conservatorio.

 

Confiamos no seu compromiso coa seguridade e a saúde dos nosos fillos e do profesorado do Conservatorio. A transparencia e a comunicación co Consello Escolar son fundamentais para xerar confianza na comunidade educativa

 

Agardando unha resposta favorable a esta solicitude e unha pronta comunicación sobre as accións que se levarán a cabo quedamos á súa disposición para calquera aclaración ou colaboración que considere necesaria.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------