O BNG de Coles rexeita de forma contundente os danos denunciados polo Alcalde do Concello Manuel Rodríguez 

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación nacionalista afástase totalmente dos mesmos e lamenta o intento de vincular a Organización cuns feitos que nada teñen que ver coa mesma pois, de demostrarse certos, quedarían no ámbito da responsabilidade individual e nada terían que ver co BNG de Coles

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Coles, 19 de xaneiro de 2025. Ante a información publicada polo diario La Región o pasado venres día 17 de xaneiro, na que se indicaba que unha persoa integrante da candidatura do BNG de Coles nas eleccións municipais do 27 de maio de 2023, provocara danos no vehículo particular do Alcalde desta localidade Manuel Rodríguez, do PSdeG-PSOE, a Asemblea Local do BNG de Coles quere facer as seguintes aclaracións: 

1. O BNG de Coles rexeita de forma contundente calquera forma de violencia directa ou indirecta a persoas ou bens, entendendo que é o debate político e ideolóxico o camiño para defender os intereses das veciñas e veciños. 

2. O BNG de Coles non ten absolutamente nada que ver cos feitos denunciados. 

3. En todo caso, o BNG de Coles amósase contundente na defensa da presunción de inocencia, sendo os tribunais os que diriman, se as houbera, as posíbeis responsabilidades individuais. 

4. O BNG de Coles lamenta que haxa quen intente, perversamente e destacando en titulares de prensa, que o presunto autor é integrante dunha candidatura do BNG, vinculando a nosa Organización cuns feitos que nada teñen que ver coa mesma, pois, de demostrarse certos, quedarían no ámbito da responsabilidade individual e nada terían que ver co BNG de Coles. 

5. Tamén lamentamos que o Alcalde do Concello de Coles traslade, ao ámbito político, un problema de ámbito persoal.