O Carballiño sobe un caso ata os seis contaxios. Os demais concellos mantéñense estables

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 10 contaxios. O Concello do Carballiño sobe un caso con respecto a onte ata os 6 contaxios.

Publicidade

O Irixo mantén un so contaxio, na mesma situación ca San Cristovo de Cea. Beariz conta con dous contaxios, a mesma situación ca onte.

Os demais concellos, Boborás, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

No Ribeiro, con moi poucos contaxiados, a situación mantense estable tamén repetindo os datos de onte. Hoxe é Cenlle o que mais casos rexistra da comarca, mantendo tres contaxios rexistrados a pasada semana. Cortegada, Arnoia e Ribadavia, manteñen un caso activo cada un deles.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo.