O Xeodestino ‘Terras de Celanova-Serra do Xurés’ lanza en FITUR a súa proposta turística baseada no patrimonio e na natureza

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“A guía das mouras” é a chave que abre as portas turísticas do Xeodestino Terras de Celanova-Serra do Xurés, territorio do sureste da provincia de Ourense integrado polos concellos de A Bola, A Merca, Barbadás, Bande, Cartelle, Celanova, Entrimo, Gomesende, Lobios, Lobeira, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea”, tal e como explicou en FITUR o presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, quen lembrou tamén a inclusión nesta zona do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, ao que pertencen varios destos municipios.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta proposta turística, qiue continúa, tal e como enfatizou Rosendo Fernández, “na liña dun turismo sostible onde o fío conductor é a multiexperienca a travës do rico patrimonio e a exuberante natureza deste territorio da provincia de Ourense”, oferta quince variadas aventuras e unha ruta de sendeirismo en cada municipio. Protagonistas desta proposta son os ríos Arnoia e Limia, as cumbre das serras de Leboreiro, Silvaescura e Xurés; augas termais; as pegadas do Mosteiro de Celanova; as igrexas, capelas, petos de ánimas e cruceiros; “Mouras” rondando os túmulos, castreños dominando as alturas e romanos conquistando os vales; granito transformado en casas, pontes, muíños, cabaceiros, foxos para lobos. Uns elementos que conforman, dan sentido e unidade á paisaxe cultural que percorrern estas rutas.

Outro elemento unificador é a chamada Raia Seca, a fronteira montañosa con Portugal. “Aquí xenérase unha culturai de fronteiras, a cultura da xente arraiana, con voces propias. Alguns dos roteiros presentados aquí achégannos a esta famosa Raia, levándonos sobre as pegadas dos antigos camiños do contrabando”, apuntou Rosendo Fernández.


Unha ruta por cada concello

Esta guía presenta un total de 15 rutas de sendeirismo, unha por cada municipio. Así, A Bola
presenta a “ruta inclusiva de Verea Vella”; no municipio de A Merca atópase a “Ruta de A Broa”, que segue as pegadas dos antigos fornos, e con destacado protagonismo para a Canle do Ruca, unha obra hidráulica dos inicios do século XX que supón unha das meirandes obras de enxeñería de Galicia; en Bande, o “Camiño de San Rosendo”; Barbadás ofrece a “ruta Sobrado-Bentraces-Loiro”; Cartelle, a “Ruta do Santo”; Celanova amosa a “Ruta dos petróglifos de Freixo”, mentres en Entrimo, a proposta é a “Ruta do pan”. Gomesende ofrece a “Ruta Escudeiros O Val”, e Lobeira incúe a ruta “Serra Leboreiro e Cabreira”, mentres “Ruta Termal” é a proposta de Lobios. Pola súa banda, Muíños posiciónase coa “Ruta Torrente Salgueiro; Padrenda ofrece a súa “Ruta dos muíños do Gorgue”; Quintela de Leirado conta coa súa “Ruta O Miradoiro”; Ramirás, a “Ruta As Tres Capelas”, e, finalmente, Verea inclúe a “Ruta O Ruxidoiro”, que completan a proposta turística presentada en FITUR.