O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, anunciou en FITUR que Massanassa será o municipio da Comunidade Valenciana beneficiario do programa da institución “Respiro termal para a mellora da saúde mental”, unhs iniciativa que se centrará na promoción de estancias e actividades saudables personalizadas en balnearios da provincia para maiores especialmente afectados pola Dana do 29 de outubro pasado. Luis Menor comunicoulle ao Concello elexido para esta acción piloto á presidenta da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), María José García-Pelayo, que estivo acompañada pola directora xeral de Igualdade e Políticas Locais, Cristina Montalvo.
O presidente da Deputación expuxo á responsable da FEMP os detalles desta iniciativa, así como as datas nas que se realizará o programa. “A presidenta da Federación cualificou esta iniciativa como ‘moi innovadora’, pola mestura de termalism oe solidariedade, expresando os seus parabéns”, subliñou Luis Menor. Asemade, García-Pelayo trasladoulle ao presidente da Deputación o máximo interese da Federación por desenvolvela, e a posibilidade de ampliar a iniciativa a outras localidade da Comunidade Valenciana e, incluso, involucrar a outra vilas termais.
Luis Menor anuncia que medio cento de veciños de Massanassa poderán chegar a Ourense, previsiblemente, a partir do mes de marzo. “Deseñamos un programa que inclúe o transporte gratuíto e a estancia en balnearios da nosa provincia, co obxectivo de minimizar esa experiencia traumática da Dana”, apunta o presidente provincial. Un obxectivo co que se busca conquerir melloras na saúde física e mental ao traverso da propia experiencia dos balnearios e cos tratamentos médicos e termais que ofrecerán os profesionais destas instalacións.
A Deputación de Ourense deseñou o programa “Respiro Termal para a mellora da saúde mental” como fórmula de colaboración entre administracións locais, permitindo o desenvolvemento dun proxecto solidario entre territorios, no que nun futuro se poidan involucrar outros niveis da administración pública e outras organizacións privadas, a fin de ampliar unha acción común na protección e mellora da saúde emocional das persoas afectadas pola Dana na Comunidade Valenciana.
A Deputación implementará unha actuación piloto que contempla a participación de entre 40 e 50 persoas. Tódolos custes, tanto de estancia no balneario como das actividades, estarán financiadas na súa totalidade pola propia institución provincial. O programa inclúe o desprazamento das persoas beneficiarias en AVE dende Valencia ata Ourense, para o que xa se lle solicitou a Renfe a súa involucración. O departamento de Servizos Sociais de Massanassa será o encargado de seleccionar as prazas dispoñíbles a aquelas persoas que, baixo criterios técnicos, considere como idóneas para participar neste programa.
A Deputación de Ourense tamén estudiará, no seno da FEMP, unha metodoloxía aberta a outras entidades locais como membros de Vilas Termais e a outros municipios da Comunidade Valenciana afectados pola Dana, todo elo co obxectivo de contribuír a que o meirande número posible de municipios e de persoas poideran ter acceso a unha actuación deste tipo.