COMUNICADO DO CD ARENTEIRO
O Albacete Balompié acordou co CD Arenteiro o traspaso dos dereitos federativos de Javi Moreno, abonando o club o importe equivalente á cláusula de rescisión do xogador.
Agradecémoslle todo o que deu polo C.D. Arenteiro neste ano e medio e desexámoslle moito éxito nesta nova etapa que o fará crecer aínda máis a nivel futbolístico e persoal.
Javi, grazas por ser parte desta familia e por deixar a túa pegada. Non esqueceremos a túa gran contribución ao noso proxecto. Moita sorte!
O xogador puxo nas redes sociais a seguinte mensaxe
