O Concello do Carballiño vén de facer públcas as normas e as bases reguladoras da concesión de premios que rexerán a participación no ‘Concurso Infantil do Entroido 2025’, que se celebrará o sábado 1 de marzo, ás 16,30 horas, na Praza Maior da vila. Deste xeito, establécense catro categorías: individual alevín, ata 8 anos de idade; individual infantil, de 9 a 12 anos; dous o máis compoñentes/alevín e dous o máis compoñentes/infantil. Estas categorías de dous o máis integrantes estarán condicionadas á uniformidade do disfraz e á inscripción de ao menos cinco grupos de participantes, de sorte que, no caso de non conquerirse este mínimo, non haberá concurso, aínda que sí un deles pódese presentar na categoría individual.
Para tomar parte no certame é necesario inscribirse unha hora antes na Praza Maior, indicando nome completo, idade, tipo de categoría do disfraz e número de teléfono, tendo en conta que esta formalidade deberá facela un responsable do menor aportando o seu DNI. Os premios por categoría consistirán en vales para cambiar por libros ou material escolar nas librerias Ábaco, Castro, Escolma, Papelería Office Center e Carlin.
Os premios para as categorías individuais alevín e infantil serán tres primeiros de 60, 40 e 20 euros en bonos, mentres que para á de dous o máis compoñentes alevín e infantil serán de 100 e 50 euros, tamén para cada unha delas. Os criterios de avaliación estarán centradas na orixinalidade do disfraz e a maquillaxe, con un baremo de cero a cinco puntos en cada un deles ata un máximo de 10 puntos.