O ‘Xoves de Compadres’ anticipa o día 20 a troula do Entroido en Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia celebrará o vindeiro 20 de febreiro o xa tradicional  ‘Xoves de Compadres’, que chega a súa 11ª edición cunha festa que promete moita troula. A xornada comezará a partir das 19,00 horas no café bar Rogelio, co acompañamento da charanga Bandiños Band ata a Praza Maior.

A cea está prevista no restaurante Plaza dende ás 22,00 horas no Restaurante Plaza, con produto autóctono e viño do Ribeiro.  O postre e a festa co mellor ambiente terán lugar a continuación no en MVP Pub. As reservas para este Xoves de Compadres pódense efectuar nos locais Huella, Bajo, Meu, MVP, Tubular, Aljama, Kopa e Berlín.