

A Agrupación Local do PSdeG-PSOE do Carballiño vén de denunciar que a súa sede, ubicada na rúa Perfectino Viéitez da vila, sofreu importantes desperfectos tras ser apedreada esta pasada noite. A cristaleira, que antigamente era un escaparate, apareceu rachada e unha pedra de importantes dimensións á beira. Asemade, o personal do servizo de limpeza viaria retirou esta mañá restos de botellas que supostamente tamén foron lanzadas na noite do sábado ou na madrugada deste domingo contra a fachada da sede dos socialistas carballiñeses.
A dirección local do PSdeG-PSOE vai interpoñer unha denuncia ante a Policía Local do Carballiño, agardando que o autor ou autores deste acto vandálico poidan ser identificados e suxeitos á sanción pertinente que estipula a Lei para este tipo de actos.
Dende a organización política aclaran que non se van a ver amedrentados por este acto, senón todo contraria, cada agresión fai reafirmar que van no camiño correcto e que os violentos non teñen cabida nesta sociedade. Tamén fan un chamamento á reflexión a aquelas forzas politicas que teñen na confrontación e na mentira o seu facer diario, dándolles azos ós violentos.