O Arenteiro amosa o seu potencial ante o Barça Atlètic (2-3) nun partido moi nivelado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Estadi Johan Cruyff foi onte escenario dunha nova vitoria do Club Deportivo Arenteiro, que derrotou finalmente a un moi entregado Barça Atlètic (2-3) nun partido desputado ao mediodía e que contou coa presenza dun grupo de afeccionados da comarca do Carballiño. Os verdes marcaron o primeiro gol no minuto 34, que logrou meter Pascu tras un pase de Tarsi, pero o filial barcelonista logaría empatar catro minutos despois, cando Sergi Domínguez aproveitaba un despexe de Diego García a un tiro de falta de Raúl Dacosta.

O Arenteiro voltou ao ataque no inicio da segunda parte e un pase de Pascu a Baselga con un golpe coa dereita foi suficiente para conquerir o 1-2. Os do Barça non se rendiron e un centro de Joan Anaya foi recollido por Godoy para facer o 2-2. Tras un continuo asedio á portería verde, o porteiro blaugrana Yaakobishvili despexaba un disparo de Cuellar, que foi parar ao pe dePascu, que marcaba o definitivo 2-3.

Con este resultado, o conxunto carballiñés colócase no 5º posto da clasificación con 39 puntos, a tan só un punto da Ponferradina (3º) e do Barakaldo (4º), todos eles metidos no ‘play off’. O adestrados verde, Raúl Jardiel, apuntaba tra-lo partido que “O ter feito unha boa semana alónxanos da parte de abaixo da táboa e permítenos durmir cós mellores. Iste camiño é o bó e non podemos desviarnos”, en alusión a obter 7 dos 9 puntos posibles nos últimos sete días.

A seguinte cita do Arenteiro será no seu campo de Espiñedo, o vindeiro sábado, día 1 de marzo, ante o Sestao River, dende as 16,00 horas. O conxunto de Euskadi vén de gañar o pasado sábado ao Amorebieta por 1-0 e na actualidade atópase en postos de descenso, no 17º, concretamente, con 28 puntos.