
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na acción da oficina itinerante do programa AceleraPyme que promove a institución provincial, e que se celebrou esta mañá na Casa do Concello de Ribadavia con empresarios e comerciantes da capital de O Ribeiro.
Fernández acompañou aos técnicos do proxecto da Deputación de Ourense AceleraPyme que, a través dunha furgoneta itinerante, facilitan aos autónomos e pemes da provincia a tramitación do kit dixital e doutras ferramentas para impulsar a súa transformación dixital.
AcelerOU nace no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, dentro do programa AceleraPyme e que forma parte do Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025 financiado pola Unión Europea-Next Generation EU. Así, esta iniciativa convértese nun paso máis no obxectivo da Deputación de Ourense de apoiar ás pemes, autónomos e emprendedores ourensáns na súa transformación dixital e modernización.