Os concellos da comarca do Carballiño comezan as celebracions do Entroido con desfiles, festas e obradoiros

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Un desfile no que participaron uns 500 estudantes dos centros escolares, pola mañá, e unha ‘festa vaqueira’, pola tarde, foron as actividades que serviron para abrir a programación do “Entroido 2025” no Carballiño. Para a xornada de mañá, sábado 1 de marzo, a cativada do municipio voltará a ser protagonista, xa que dende as 11,30 h. está prevista a realización dun obradoiro de carautas na Praza Maior e, nesta mesma ubicación pero a partir das 16,00 h., celebrarase unha festa e o concurso infantil de disfraces, todo elo amenizado polo DJ Tibu.

E no resto da comarca carballiñesa, a veciñanza de Boborás ten mañá unha cita no pavillón de deportes da capitalidade municipal, onde ás 19,30 h. comezará a tradicional ‘Festa de Entroido’, con música en directo e inchables para a rapazada, e na que poderá degustarse un menú con empanadas, chourizos con pan e chocolate con bica. O programa terá continuidade na tarde do domingo, xa que as 17,00 h. sairán do campo da festa da parroquia de Feás as ancestrais máscaras de ‘Os Felos’m, que farán un percorrido polas localidades de Vilachá, Cardelle e Vecoña antes de retornar ao punto de partida.

Tamén mañá iniciaranse os actos do Entroido no municipio do Irixo, cun gran desfile de comparsas que terá a súa saída as 17,00 h. dende a residencia de maiores Nosa Señora da Sela para levar a cabo un percorrido polas rúas de As Laxas e A Ponte, e cunha dotación económica para as agrupacións participantes. A mesma hora partirá o desfile polo casco urbano da capitalidade de San Cristovo de Cea, que reunirá á veciñanza dende as 21,30 h. nunha gran cea con baile no pavillón polideportivo.