A OMIX de Ribadavia programa para o venres un debate sobre o impacto da intelixencia artificial na sociedade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Oficiña Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Ribadavia vén de programar para o vindeiro venres, 7 de marzo, unha mesa de debate sobre “Intelixencia artificial: Aliada ou enemiga da sociedade?”. Esta actividade levarase a cabo dende as 19,00 horas no Museo Etnolóxico da vila e a entrada será totalmente libre e gratuíta ata completar o aforo, As persoas interesadas pódense inscribir no correo omix.ribadavia@gmail.com ou chamando ao teléfono 686145836.

COMERCIAL ORCELLÓN

¿De qué trata o evento? A Intelixencia Artificial (IA) é unha das tecnoloxías máis disruptivas do noso tempo, con aplicacións en campos tan diversos como a educación, a saúde, o marketing e a automatización de procesos. Porén, o seu rápido avance plantea importantes cuestións éticas, sociais e técnicas que merecen ser debatidas. Nesta mesa de debate, exploraremos a IA desde múltiples perspectivas, analizando as súas ventaxas e desventaxas, o seu impacto na educación e no mercado laboral, e o seu papel na innovación tecnolóxica. Ademais, discutiremos como garantir un uso ético e responsable desta tecnoloxía.

Participarán como ponentes Paula Rodríguez Rivera, educadora social e experta en innovación educativa, aprendizaxe baseado en xogos e inclusión LGTBIQ+; Jairo Carrera, enxeñeiro de Software e CTO en Elitek Solutions, especializado en IA aplicada á bioinformática e automatización, e Nicolás Álvarez, consultor Dixital e CEO en Elitek Solutions, experto en IA para creación de contido e xestión de marketing dixital.

O evento comezará cunha introdución e presentación dos ponentes (10 minutos), seguida dun bloque de preguntas e respostas (60 minutos), tales como ¿É a IA unha aliada ou unha ameaza para a sociedade?, o impacto da IA na educación e no mercado laboral, ¿Como garantir un uso ético e responsable da IA?; innovacións e futuro da IA; para rematar cun debate aberto e participación do público (15 minutos), e un apartado de conclusións e peche (5 minutos).

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------