A afección verde ten mañá, sábado, unha nova cita no campo municipal de Espiñedo para animar a Club Deportivo Arenteiro no partido correspondente á 28ª xornada do grupo 1º da Primeira Federación, e no que se enfrontará a un dos conxuntos destacados desta tempada, a Sociedade Deportiva Ponferradina. O encontro comezará ás 17,00 horas nun ambente que as previsións meteorolóxicas anuncian fresco e cun ceo con alternancia de nubes e claros.
Unha vitoria do equipo de Raúl Jardiel situaríoos temporalmente de novo nos postos de promoción de ascenso, nos que xa se atopan os da capital da comarca leonesa do Bierzo, segundos, tra-la Cultural Leonesa, con 44 puntos, mentres o Arenteiro ocupa a sétima praza con 40 puntos. Na pasado xornada, a Ponferradina venceu ao Ourense C.F. por un contundente 2-0 mentres os verdes perdían pola mínima (1-0) no campo do Real Unión de Irún.
A nivel do organigrama do C.D. Arenteiro, a directiva decidíu esta mesma semana rescindir o contrato con Marc Barreiro e Alberto Otero, adestradores do Arenteiro Promesas, equipo que milita na categoría de Segunda Futgal. Os seus substitutos son Óscar Sabucedo, con experiencia en equipos como Antela ou Velle, e Joni Lameiras.