As denominacions de orixe solicitan á Comisión Europea que exclúa ao viño e ao bourbon das medidas de represalia a Estados Unidos

O director xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, presidirá o acto de presentación das Catas de Galicia 2021: XXXIII Cata dos Viños, XXIII Cata das Augardentes e X Cata dos Licores Tradicionais.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A European Federation of Origin Wines (EFOW), a organización que representa ás denominacións de orixe europeas ante as institucions da Unión Europea, e a Conferencia Española de Consejos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), que representa ás DD.OO. do viño a nivel nacional, veñen de participar na consulta pública aberta pola Comisión Europea o pasado 12 de marzo sobre as posibles contramedidas a produtos norteamericanos en represalia polos aranceis impostos polos Estados Unidos ao aluminio e o aceiro.

Con ambas respostas, de xeito coordenado, as denominacions de orixe desexan reiterarlle á Comisión, como tamén fixeron por carta ante as direccions xerais de Agricultura e Comercio do Executivo Comunitario nos últimos días, a necesidade de que abran unha negociación para solucionar esta disputa comercial e que o viño non se inclúa na desputa comercial en curso entre a UE e os Estados Unidos.

Neste sentido, as DD.OO. opóñense firmemente a que tanto os viños de EE.UU. coma o bourbon se inclúan na lista de produtos obxecto de contramedidas da Unión Europea, e así o fixeron constar na súa aportación á consulta pública aberta pola Comisión. Indican que os Estados Unidos son un dos meirandes mercados de exportación dos viños con denominación de orixe protexida europeos, e, particularmente os españoles, e o viño con denominación de orixe é un motor económico clave para a agricultura europea e para a española. Engaden que a viticultura desempeña un papel crucial no desenvolvemento e a vitalidade de numerosas zonas rurais do noso continente, tamén na península ibérica, apoiando o emprego, o patrimonio cultural e as economías locais.

Así, a imposición de aranceis de represalia sobre o viño tería consecuencias dramáticas para o sector, xa que aumentaría a incertidume económica, provocaría perdas significativas de ingresos e de postos de traballo, e poría freno ao investimento dentro do sector.