Espazo Común manifesta a través dun comunicado preocupación pola situación xudicial do alcalde

A formación de Espazo Común do Carballiño facía público un comunicado no que amosaban a súa procupación pola situación xudicial do alcalde do Carballiño. Pedían ademais que se convocase unha xunta de voceiros para que dese conta de toda a información con respecto ó suposto caso polo que afirman que tivo que prestar declaración. O comunicado emitido por Espazo Común é o seguinte:

“A falla de transparencia da que fai gala o goberno municipal do Concello do Carballiño está a acadar cotas absolutamente impensables.

AVANTAR ACTIVIDADES

En días pasados vimos de ter coñecemento de que, novamente, o alcalde Fumega vén de ser citado coma imputado noutra causa xudicial por presuntas irregularidades no exercizo das súas funcións coma rexedor.

Niste caso, trátase de dúbidas acerca da súa xestión de varios contratos de servizos que poideran incorrer en fraccionamento dos mesmos ca fin de evitar as medidas de control instauradas pola lei para evitar favorecer a unhas empresas sobre outras.

Certo é que o desexable sería ter a confirmación por parte do propio interesado e coñecer a súa versión dos feitos pero iso saése do “modus operandi” habitual.

Dende o noso grupo, respectamos por riba de todo a presunción de inocencia e non imos prexulgar a ninguén, iso deixamolo para outros que xogan o papel de vítimas cando lles toca e o de verdugos cando ven que poden aproveitalo vilipendiando aos de enfrente.

O que sí demandamos do señor Fumega é que cumpra coas súas obrigas a nivel de transparencia e informe á oposición e á veciñanza da situación con detalle.

Non é de recibo que todo se manexe nas sombras e coa maior nocturnidade da que son capaces cando falamos dunha institución seria como debería ser o Concello do Carballiño, cuxa imaxe se vé danada cada vez que se dan estes, desgraciadamente, tan habituais comportamentos”.