Natalia Prieto coñeceu o novo alumeado do campo de Espiñedo, no que a Xunta investíu 60.000 euros

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O novo alumeado instalado no campo de fútbol do Espiñedo do Carballiño representa un dos proxectos de mellora da eficiencia enerxética que tiveron o apoio económico da Xunta de Galicia ao traverso da Consellería da Presidencia, e que supuxo un investimento aproximado de 60.000 euros. A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada polo alcalde carballiñés, Francisco Fumega, e o presidente de Club Deportivo Arenteiro, Argimiro Marnotes, visitaron esta mesma mañá o estadio municipal para coñecer o resultado da execución deste proxecto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nun acto previo que tivo lugar na Casa do Concello, Natalia Prieto destacou que, proxectos coma o de Espiñedo, forman parte “das axudas destinadas á mellora das infraestruturas municipais e que están sexan máis eficientes a nivel enerxético e que así os concellos poidan aforrar cartos e destinalos a outras necesidades”. Tamén resaltou que este tipo de obras “son froito do diálogo contínuo e da comunicación institucional cos concellos galegos”.

Pola súa banda, Francisco Fumega agradeceu a presenza de Natalia Prieto, “que xa ten colaborado co Concello e sempre bota unha man no que precisamos”, e apuntou que o novo alumeado de Espiñedo supón pasar de focos de 400 vatios a outros de 80, o que supón un aforro moi importante no consumo de luz”. O alcalde do Carballiño tamén se referíu a solicitude xa feita ante a Xunta para a mellora da iluminación no campo de fútbol da Uceira, para a que se solicitará unha achega de 60.000 euros.

As obras no campo de fútbol O Espiñedo forman parte do conxunto de actuacións impulsadas polo concello do Carballiño co apoio da Xunta a través das distintas ordes de axudas ás administracións locais. Neste marco de actuación o Goberno galego investiu nos últimos anos preto de 900.000 euros neste municipio.

Fumega fixo mención á chegada do borrador do convenio que permitirá o acondicionamente e a ampliación do pavillón deportivo do colexio público da Uceira e que suporá un investimento importante de 600.000 euros. “Trátase dunha infraestrutura deportiva que ao traverso dun convenio con Educación permitirá a dotación dun espazo para a práctica deportiva”, a fin de desconxestionar o polideportivo Paco Chao.

A iniciativa enmárcase no apoio da Xunta ás administracións locais, co Fondo de Cooperación Local como instrumento central de colaboración económica para garantir a suficiencia financeira dos concellos. Natalia Prieto lembrou que neste exercicio o Fondo de Cooperación Local medra ata os 168 millóns de euros, 10 millóns máis que en 2024.

As axudas do fondo adicional súmanse ademais a outras convocatorias tamén xa publicadas, como a Orde de infraestruturas de uso público, dotada con 3,5 millóns de euros, o Fondo de Compensación Ambiental, que conta con máis de 11 millóns de euros, ou as axudas plurianuais á eficiencia enerxética cofinanciadas con fondos Feder e cun presuposto de 5 millóns de euros. A elas sumarase proximamente a da liña de apoio a proxectos estratéxicos do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, posta en marcha en 2024 e dotada con 8,5 millóns de euros.