Os profesores Barta Gil e Limia Gardón protagonizarán dende mañá un ciclo de conferencias da ‘Semana Santa 2025’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A igrexa parroquial de San Cibrao (Igrexa Vella) do Carballiño acolle, dende mañá, luns 31 de marzo, e ata o mércores, día 2 de abril, un ciclo de conferencias que organiza a Confraría da Vera Cruz dentro da programación da ‘Semana Santa 2025’. Baixo o lema “Ante a Semana Santa: Deus, fundamento da esperanza”, o ciclo contará coa presenza de poñentes de recoñecido prestixio.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O primeiro deles será o profesor César Barta Gil, que mañá, ás 20,30 horas, será o encargado de abrir o ciclo para falar de “A Pasión según a Sábana Santa, a faciana da esperanza”, que terá continuidade o martes, día 1 de abril, á mesma hora, con outra xornada de formación e oración.

Xa o mércores, día 2, tamén ás 20,30 horas, o profesor Xabier Limia Gardón pechará este ciclo con “Iconografía da esperanza, unha mensaxe de luz e de fe”, que tamén terá lugar na antigua igrexa parroquial.