https://www.facebook.com/share/v/1EMboBGyd6
A biblioteca do IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño aparece nestes días transformada nun espazo integral de Hogwarts, a escola na que Harry Potter, o protagonista das novelas de J.K. Rowling estudia maxia e feitecería. Unha imaxe que non é máis ca un reflexo da programación elaborada por varios departamentos deste centro de ensino para conmemorar, ao longo do actual mes de abril, a data do Día Internacional do Libro.
Así, baixo o epígrafe “Desafío en Hogwarts”, un total de 40 estudantes, que foron seleccionados como destinatarios dunha carta máxica, mergúllanse neste universo de soños ao traverso dunha serie de actividades e concursos que son avaliadas por un xurando composto por outros catro membros do alumnado, representantes de cada unha das casas asignadas aos grupos.
Tra-lo acto de benvida do pasado luns, hoxe foi a quenda de elaboración de pócimas, que as alumnas e alumnos fixeron mesturando diversos ingredientes seguindo as tradicionais receitas dos mestres de Hogwarts. Ao remate, o xurado foi quen de degustar as diferentes propostas dos grupos e otorgarlles a puntuación pertinente, que contabiliza para a avaliación final.
Un programa que terá continuidade con outros retos como as clases de vó con vasoira, a busca da pedra filosofal, torneos de xadrez e de ‘quiddish’, entre outros nos que o estudantado desfruta dunhas horas de lecer máis ilusionantes durante os periodos diarios de recreo do instituto carballiñés.