A Agrupación Cultural Avantar organiza no Carballiño o vindeiro mércores, 16 de abril, unha xornada adicada á figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, conmemorando o 75º aniversario do seu pasamento en Bós Aires e aproveitando que iste 2025 foi declarado ‘Ano Castelao’ pola Xunta de Galicia.
Esta xornada, nomeada “Ao redor de Castelao”, terá lugar a partir das 12,00 horas na rúa Curros Enríquez, fronte á tenda Ozocogz, e estará especialmente dirixida ás crianzas cun atractivo programa de actividades. Entre elas, pasatempos, obradoiros de debuxo e manualidades, e tamén se levará a cabo o sorteo dun libro entre as nenas e nenos participantes, ademais de agasallalos cun marcapáxinas de Castelao.