Continúa aberto ata o 30 de abril o prazo para solicitar axudas da Deputación para organización de eventos deportivos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Estas axudas contan cun orzamento de 80.000 euros e a contía das subvencións obxecto desta convocatoria consistirá nunha porcentaxe do orzamento da actividade, podendo acadar, como máximo, o 30% do custo estimado da actividade, non podendo superar, en ningún caso, a contía máxima de once mil euros por beneficiario (11.000,00 €)

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 17 de abril de 2025.

Continúa aberto o prazo, ata o vindeiro 30 de abril, para a concesión de subvencións a entidades deportivas e entidades sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos durante este ano.

Estas axudas contan cun orzamento de 80.000 euros e a contía das subvencións obxecto desta convocatoria consistirá nunha porcentaxe do orzamento da actividade, podendo acadar, como máximo, o 30% do custo estimado da actividade, non podendo superar, en ningún caso, a contía máxima de once mil euros por beneficiario (11.000,00 €).

O prazo improrrogable de presentación rematará o 30 de abril de 2025, sendo este o derradeiro día no que poderán presentarse validamente as solicitudes, que terán un límite de dúas por solicitante.