O vindeiro luns 28 de abril, ás 20,30 horas, a Casa da Cultura do Carballiño acollerá
unha xornada informativa gratuita dirixida a pequenas e medianas empresas (pemes) e
persoas autónomas, enmarcada no Proxecto AceleraPyme. O evento está organizado polo Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de O Carballiño en colaboración coa Oficina Acelera Pyme da Deputación de Ourense e co apoio do Concello do Carballiño.
Durante a xornada trataranse temas clave para o tecido empresarial local, como son a factura electrónica; as obrigas fiscais e legais para autónomos ou o programa Kit Dixital e outras axudas á dixitalización. O principal obxectivo é achegar a transformación dixital ás pemes e autónomos, ofrecéndolles información útil sobre ferramentas e subvencións dispoñibles a través dos fondos europeos Next Generation EU.
As persoas interesadas poden obter máis información a través do correo electrónico
carballino@polosemprendemento.gal ou no teléfono 602 501 300. Con esta iniciativa, as entidades organizadoras reafirman o seu compromiso co fomento do emprendemento, a innovación e a dixitalización no ámbito rural e local.