Coa recepción de autoridades, prevista para as 11,30 horas na Casa do Concello de Ribadavia, que, acompañados pola Banda A Lira desprazaranse ata o Castelo dos Sarmiento, abriráse mañá o programa da ‘LXII Feira do Viño do Ribeiro’. No exterior da fortaleza tocará a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Neste acto participarán: Luis Menor (Presidente da Deputación de Ourense), Eladio Santos (Subdelegado do Goberno en Ourense), María José Gómez Rodríguez (Conselleira do Medio Rural), Román Rodríguez (Conselleiro de Educación), Manuel Pardo (Delegado Territorial da Xunta en Ourense) e o alcalde de Ribadavia, César Fernández, acompañado de integrantes da Corporación Municipal.
No recinto feiral da Alameda, ás 12,00 horas, terá lugar a inauguración do evento co pregón no palco a cargo de Alejandro Blanco Bravo (Presidente do COE), ao que seguirá un percorrido polas instalacions de adegas e colleiteiros. Ás 17,30 horas terá lugar na Alameda a ‘Cata Comentada das Adegas’, por un prezo de 5€. Contará coa presenza de Deisy Barrios Otarola, propietaria e sumiller do restaurante Morrofino de Vigo e tamén propietaria do restaurante Pedra Furada (A Coruña). A cata maridarase con produtos de Galicia Calidade.
Ás 19,30 horas celebrarase o Obradoiro de Cociña, por un prezo de 5€. Estará impartido por Gabriel Quispe Peña, gañador do certame ‘Talentos by Abril’ organizado por Aceites Abri, e contará tamén coa participación de Deisy Barrios Otarola.