A plataforma ‘SOS Suído Seixo’ esixe transparencia e o acceso completo ao expediente da mina de Doade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A plataforma ‘SOS Suído Seixo’ vén de denunciar un novo intento de “falsa transparencia e estratexia de márqueting extractivista” por parte de Samca, en relación coa nota de prensa feita pública pola empresa promotora do proxecto mineiro en Doade (Beariz), na que comunicaban ter posto a disposición de tódolos sectores implicados o proxecto de explotación. Ao respecto, apuntan dende a plataforma que “para descargar o proxecto da web da empresa hai que facilitar datos persoais. Non temos porque facilitar os nosos datos á empresa”, e engaden tamén que “varias comunidades de montes afectadas reunímonos coa Confederación
Hidrográfica Miño-Sil e confirmáronnos que xa informaran o proxecto á administración
autonómica”.”A Xunta non confirmou que iniciase o trámite ambiental” nin nos remitíu esa
información á comunidade de montes de Doade, a principal afectada pola mina de litio.

Dende ‘SOS Suído Seixo’ apuntan que “coma no proxecto anterior seguimos vendo fragmentación do proxecto. Ten todo o permiso de investigación estudiado, pero por estratexia só presentan o proxecto incial en Doade, solicitando o pase a concesión de explotación de 17 cuadriculas mineiras, anque recoñecen que ampliarán cara o norte e cara o sur”. Tamén subliñan que, “ao mesmo tempo, solicitan nova prórroga do PI Alberta I do resto de cuadriculas, anque a este expediente ainda non nos deron acceso ás partes interesadas”.

Consideran que “é alarmante que moitos dos xacementos de materias primas “críticas” se
atopen en zonas pendentes de ampliación da Rede Natura 2000, ou zonas próximas, como no caso do proxecto mineiro que afecta xa nesta primeira fase a aldea de Doade, que se atopa entre as serras do Suído e do Cando”. E lembran que “no proxecto anterior falaban de 6 a 7 explosións diarias, agora xa din que van a ser 8 ou 9”. “En canto a Xunta de Galicia cumpra coa lexislación e dea acceso completo ao expediente a tódalas partes interesadas, iremos denunciando os problemas asociados ao proxecto”, conclúen dende ‘SOS Suído Seixo”.