A ‘Lalín Bike Race’ transformouse este ano na primeira volta por etapas en BTT con categoría UCI de Galicia, que se desenvolveu dende onte ata o vindeiro domingo, 4 de maio, cun percorrido total de 200 quiilómetros divididos en catro etapas que onte comezou no Carballiño e segue hoxe por Lalín, Melide e o corazón do Deza, abranguendo tres provincias galegas (Ourense, A Coruña e Pontevedra). Precisamente,
A primeira das etapas da ‘Volta a Galicia BTT’ saíu ás 9,30 horas dende a praza da Veracruz para pasar polo casco urbán e logo coller rumbo á zonas das parroquias de Veiga e Madarnás e logo cruzar O Irixo por Corneda para adentrarse no municipio de Boborás: Xuvencos, Brués, Moreiras, Cameixa e Moldes para regresar á vila do Arenteiro por sendeiros de Sagra, completando 65,90 quilómetros e un desnivel positivo de 1.600 metros.
Ademais de ciclistas galegos, tamén participan doutras comunidades como Asturias, Castela-León, Madrid ou Extremadura, e tamén compiten corredores de Portugal, Francia, Suiza e Chile, entre outros países. O evento conta co patrocinio de Turismo de Galicia, Concellos de Boborás e O Carballiño e as deputacións de Ourense, Pontevedra e A Coruña.
Este carácter internacional da proba, recoñecida pola Unión Ciclista Internacional (UCI) foi salientado polo presidente do club carballiñés Os Mosqueteiros, Rubén Cerdeira, e tamén polo alcalde en funcións do Carballiño, José Castro-Gil, quen expresou o significado que ten este evento a nivel de promoción turística da vila do Arenteiro.
A volta continúa hoxe, día 2, en Lalín, cunha etapa de 20 km. e 450 metros de desnivel positivo; mañá sábado en Melide con 58 km. e 1.500 metros de desnivel, rematando o domingo, día 4, cunha contrarreloxo de 60 km. e 1.400 metros de desnivel, na mesma capital da comarca do Deza.