Fabiola García presentou o programa de vacacions familiares de 2025 na Residencia de Tempo Libre

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As residencias de tempo libre do Carballiño e Panxón acollerán o programa de ‘Vacacions familiares’ que promove a Consellería de Política Social e Igualdade para a vindeira época estival. A máxima responsable deste departamento autonómico, a conselleira Fabiola García, desprazábase esta mañá ata a Residencia de Tempo Libre do Carballiño para presentar a posta en marcha desta programación, que se desenvolverá entre os meses de xuño a outubro, e cuxo prazo de inscripción abrirase o vindeiro xoves, día 8, unha vez que o anuncio da convocatorio sexa publicado mañá no Diario Oficial de Galicia, e pecharase o día 21 de maio.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A conselleira detallou que neste 2025 ofértanse un total de 2.415 prazas, o que supón un total de 14.400 pernoitas nas residencias. Así o sinalou na súa visita á RTL do Carballiño na que estivo tamén acompañada do Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, do tenente de alcalde, José Castro, e outros membros do goberno local.

En concreto, a residencia do Carballiño ofertará 1.215 prazas e contará con dez quendas entre o 24 de xuño e o 2 de outubro. Pola súa banda, a residencia de Patos, en Nigrán, ofrecerá 1.200 prazas. A conselleira lembrou que o Goberno galego ampliou en 2023 as quendas ata o mes de outubro para que as familias con fillos maiores ou sen fillos poidan desfrutar tamén destas residencias. Ademais, antes da pandemia as quedas eran de entre nove e dez noites, e agora son de seis, co cal se poden beneficiar máis familias.