Isidro Vidal impartirá un obradoiro de pandeireta o vindeiro día 15 en Ozoco

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O vindeiro xoves, 15 de maio, ás 19,00 horas, o espazo OZOCOgz do Carballiño acollerá un obradoiro de iniciación á pandeireta impartido polo músico Isidro Vidal. A actividade enmárcase na celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano ás cantareiras, figuras centrais da nosa tradición musical.

Este obradoiro está pensado para persoas sen experiencia previa ou con curiosidade por iniciarse na práctica da pandeireta. Nunha sesión dinámica e participativa, aprenderanse aspectos básicos como a suxeición do instrumento, as primeiras técnicas rítmicas e un pequeno repertorio colectivo. A xornada rematará cunha interpretación conxunta dun compás sinxelo, nun ambiente de aprendizaxe colaborativo.

A actividade terá unha duración aproximada dunha hora e media e terá un custo simbólico de 5€ por persoa. Non é preciso inscrición previa, mais recoméndase avisar ao espazo OZOCOgz da intención de asistir para organizar a sesión adecuadamente. Se a persoa interesada en asistir dispón dunha pandeireta, recoméndase levala consigo.

Dende a organización salientan que ésta é unha oportunidade perfecta para que a cidadanía en xeral poida achegarse á nosa música tradicional nun ambiente acolledor e cheo de ritmo.