A plataforma ‘Berán sempre no Camiño’ solicita unha asamblea veciñal para coñecer as condicions da explotación do novo balneario

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Plataforma ‘Berán sempre no Camiño’, xunto coa Asociación Camiño Miñoto Ribeiro, vén de dirixirse formalmente á Entidade Local Menor de Berán para solicitar a convocatoria dunha asemblea veciñal informativa previa que permita dar a coñecer públicamente, antes de ser sometidas a aprobaciòn en Pleno, as bases reguladoras da futura explotación do novo balneario.

A Plataforma considera que este proceso debe desenvolverse con transparencia e participación cidadá, xa que a recuperación e posta en funcionamento do balneario non só afecta ao futuro do pobo de Berán, senón que constitúe un motor económico e dinamizador clave para o conxunto do municipio de Leiro e mesmo para a comarca do Ribeiro.

“A reactivación do balneario conxuntamente co proxecto do Camiño Xacobeo de Braga a Santiago ao seu paso por Beràn, pode xerar emprego, atraer turismo e revitalizar a economía local”, subliñan dende a Plataforma, polo que consideran imprescindible que se informe con claridade á veciñanza sobre os criterios, condicións e obxectivos establecidos para a explotación do balneario, así como atender todas as dúbidas ou inquedanzas que poidan xurdir.

Desde esta Plataforma manifestan tamén a necesidade de que a Entidade Menor actúe coa máxima responsabilidade e dilixencia, facilitando un espazo de diálogo e información que contribúa a construír un proxecto común e beneficioso para toda a comunidade.