A Arnoia inicia mañá a súa novena na honra da Santa Rita

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Mañá martes, 13 de mayo, iníciase na Arnoia a novena na honra de Santa Rita de Casia, patrona dos imposibles e avogada das causas urxentes. Será a igrexa parroquial de San Salvador a que acolla ata o día 21 as misas desta novena, que darán comeza ás 20,00 horas.

E xa o día da festividade da Santa, o xoves 22 de maio, oficiaranse misas ás 8,00, 9,00, 10,00, 11,00, 11,45 e 18,00 horas, mentres que para as 12,30 horas está prevista a procesión polas rúas da Arnoia, que irá seguida da misa solemne.

A devoción a Santa Rita na Arnoia xurde no ano 1931, grazas a un veciño que, tras sufrir un grave accidente, considerouse curado pola intercesión da Santa. Esta persoa decidiuse a mercar unha imaxen da Santa Rita e encargarse de organizar os festexos na súa honra durante os primeiros anos.