O composteiro comunitario da Uceira, un exemplo a seguir para a xestión sostible dos biorresiduos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Galicia apoia este ano ás entidades locais con algo máis de 8,1 millóns de euros en axudas para a implantación, ampliación ou mellora da recollida separada de materia orgánica de orixe doméstica, aceites usados e residuos téxtiles. Así o destacou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a súa visita desta mañá a un punto de compostaxe comunitario instalado pola Deputación de Ourense na urbanización da Uceira, no concello do Carballiño.

Ángeles Vázquez salientou que ao abeiro desta orde de achegas se desenvolverán un total de 195 proxectos pertencentes a 105 entidades locais cos que se pretende optimizar a xestión dos biorresiduos, aceites e residuos téxtiles que se xeran nos fogares así como concienciar á cidadanía sobre prácticas responsables neste eido. A responsable autonómica destacou que a maior contía das axudas (7,66 M€) corresponde ás subvencións destinadas a recoller, separar e tratar a materia orgánica de orixe doméstica, que supón o 40% da bolsa de lixo tipo en Galicia.

COMERCIAL ORCELLÓN

A esta visita asistiron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e outros integrantes do seu equipo de goberno; o presidente da Deputación Provincial, Luis Menor, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo. É precisamente a veciñanza do barrio da Uceira e da urbanización de Corzos a que dispón de áreas de compostaxe comunitaria onde depositar os restos orgánicos e biorresiduos  xenerados nos seus fogares, ao abeiro do proxecto promovido pola Deputación coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente no marco do Plan de Recuperación financiado polos fondos Next Generation da Unión Europea.

A concelleira de Servizos Públicos, Rosa Fuentes, foi a encargada de explicarlles ás autoridades autonómicas e provinciais o desenvolvemento deste proxecto, no que están implicados as veciñas e veciños do barrio da Uceira. Pola súa banda, Luis Menor referíuse aos incentivos postos en marcha pola Deputación no eido da recollida de lixo, que supoñen unha reducción importante na taxa de lixo que abonan os cidadáns que apostan pola reducción do lixo orgánico en orixe.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------