Cine Club pecha a tempada este domingo coa película “Prefiro condenarme” no Auditorio do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este domingo, 25 de maio, Cine Club Carballiño pecha a tempada 2024-25 coa película galega “Prefiro condenarme”, dirixida por Margarita Ledo Andión e gañadora da última edición dos Premios Mestre Mateo na categoría de Documental. O filme parte dun caso real, un xuízo por adulterio a unha mariscadora da ría de Ferrol no ano 1972.

En torno a esta personaxe central, a directora constrúe un relato cargado de lirismo e cunha fonda mensaxe reivindicativa. Unha historia estimulante que dende o retrato do pasado axúdanos a mirar a afrontar o noso presente.

Haberá un único pase da película ás 19,00 horas, no Auditorio Manuel María do Carballiño, este vindeiro domingo.