II CONCURSO de microrrelatos do Instituto de Estudios Carballiñeses-2025

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

                               PRIMAVERA LITERARIA

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Xénero:  Microrrelato

Idioma: Galego

Tema:   Libre

Aberto a persoas maiores de 16 anos. Quedan excluídos os/as premiados no Iº Concurso.

Premios:  

1º premio: 1.000€ e diploma.    

2º premio: 500€ e diploma.

3º premio: 250€ e diploma.

Entidade convocante: INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES 

Data de peche dos participantes:  30 de xuño de 2025

BASES

O Instituto de Estudios Carballiñeses  convoca a 2ª edición do Concurso de Microrrelatos co obxectivo de promover a creatividade literaria e fomentar a difusión do xénero microrrelato, que se regula polas seguintes bases:

  1. O microrrelato debe ser orixinal e inédito (por inédito enténdese que no teña gañado ningún premio nin se teña difundido en ningún medio con anterioridade).
  2. O texto non deberá exceder dos 1.200 caracteres con espazos e título incluídos.
  3. As obras enviaranse por correo electrónico co asunto: II Concurso de microrrelatos “Instituto de Estudios Carballiñeses”,ao enderezo idecarballino@yahoo.es

Tamén se poderán enviar por correo postal a este enderezo: A M G. Praza de América, nº 3-2º D.  36211 Vigo

  • Axuntaranse ao correo dous arquivos:

1º arquivo/sobre: conterá o relato firmado con pseudónimo e, para identificalo, levará por nome o título do relato.

2º arquivo/sobre: nomearase coa palabra “PLICA” e o título do relato, debendo conter os datos persoais (nome, enderezo, DNI, teléfono e e-mail do autor/a).

  • Os envíos deberán chegar ao seu destino antes das 12h do 30 de xuño do 2025.
  • Cada persoa poderá enviar un máximo de 3 microrrelatos.
  • O xurado estará formado por socios/as do IEC expertos/as neste xénero literario, pola persoa gañadora do primeiro premio do Iº Concurso e aos que se poderán engadir persoas competentes no tema non socios/as do IEC.
  • Os microrrelatos premiados serán publicados polo Instituto de Estudios Carballiñeses e os non premiados serán destruídos.
  • Os microrrelatos premiados quedarán en propiedade do IEC para a súa publicación, difusión ou uso que considere oportuno.
  • A participación no concurso supón a total aceptación destas bases.

Entrega de premios:

O Instituto de Estudios Carballiñeses organizará un acto de entrega de premios, que se publicará oportunamente.

         O Carballiño, a 20 de maio de 2025