O vindeiro sábado, 31 de maio, e coincidindo coa xornada de feira no Carballiño, a Concellería de comercio e Emprego organiza unha xornada para dar visibilidade e poñer en valor a Praza de Abastos da nosa vila. Así, dentro da campaña “Quere o teu mercado”, promovida pola Xunta de Galicia, contémplase o desenvolvmente da varias actividades de promoción, que comezarán ás 10,30 horas coa apertura dunha exposición fotográfica da asociación O Potiños.
No mesmo recinto comercial instalarase unha mesa de exposición e degustación gratuíta de froitas, da man de ‘Amoras’, o negocio local emprendido por Ana Rodríguez, e as persoas que se acheguen ata o mercado de abastos recibirán un agasallo conmemorativo.
O evento contará coa presenza de José González e Gabriel Alén, conselleiro e director xeral, respectivamente, do departamento de Comercio da Xunta de Galicia.