A Deputación colabora coa celebración do Congreso Nacional de Bancos de Alimentos de España que se desenvolverá hoxe en Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu ao presidente da Federación de Bancos de Alimentos de Espasa, Lluis Llorca, quen agradeceu a colaboración da Deputación para que este evento de carácter nacional se desenvolvese en Ourense

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este evento, que terá lugar no Auditorio de Ourense, contará coa presenza de S.M. la Reina Emérita, Doña Sofía

Ourense, 28 de maio de 2025.

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu esta mañá no despacho da Deputación ao presidente da Federación de Bancos de Alimentos de España (Fesbal), Lluis Llorca, quen agradeceu a colaboración da institución ourensá para que este evento de carácter nacional se desenvolva mañá no Auditorio de Ourense. Á reunión co presidente de Fesbal tamén asistiu o presidente do Banco de Alimentos en Ourense, Cecilio Santalices.

Menor agradeceu a Fesbal que Ourense fose a provincia escollida para celebrar o seu 28º congreso anual. Esta importante cita nacional estará presidida por S.M. la Reina Emérita, Doña Sofía.

A Federación Española de Bancos de Alimentos aglutina 54 Bancos asociados de toda España desenvolvendo a súa tarefa en tres frontes: a loita contra a pobreza, o malgasto de alimentos e o aproveitamento dos excedentes agrícolas.

A loita contra o desperdicio alimentario, a distribución equitativa de alimentos e a colaboración entre organizacións benéficas para mobilizar recursos son algúns dos temas para abordar na reunión que terá continuidade o día 30 coa asemblea de Fesbal.