A comisión de deputacións da FEMP reivindica ao municipalismo como un xestor clave dos fondos europeos para a vertebración de España

IES CHAMOSO LAMAS

O pleno da comisión, celebrado en León, expuxo a necesidade de usar os fondos de recuperación para o mantemento da rede de estradas provinciais, cunha extensión de case 70.000 quilómetros

O presidente da Deputación de Ourense puxo en valor na reunión o peso específico dos gobernos intermedios: “Son esenciais hoxe en día. E a súa colaboración cos concellos forma unha alianza indestructible”. Manuel Baltar aposta por avanzar na senda da “colaboración económica, xurídica e técnica”, un camiño crave para alcanzar a excelencia na prestación dos servizos públicos aos veciños

HIPER MASIDE

O vicepresidente da Comisión, Javier Aureliano García, destaca a importancia de “ capilarizar o territorio” e profunda na cooperación interadministrativa: “Manuel Baltar e a Deputación de Ourense son referentes para o resto de territorios. Este intercambio de experiencias é importante para reforzar o papel das provincias como un poder vertebrador”

León, 21 de febreiro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá na Comisión de Deputacións Provinciais, Cabidos e Consellos Insulares da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Na reunión, celebrada no convento de San Marcos (León), Manuel Baltar puxo en valor o peso específico dos gobernos provinciais para o desenvolvemento de España: “Estes gobernos son esenciais hoxe en día. E a súa colaboración cos concellos conforma unha alianza indestructible”.

Manuel Baltar, integrado na xunta de goberno da FEMP por segundo mandato consecutivo, participou na reunión xunto aos presidentes provinciais e representantes do medio centenar de gobernos intermedios de España. “Nesta senda de colaboración económica, xurídica e técnica reside boa parte da excelencia na prestación de servizos públicos que temos a obrigación de dar aos veciños”, resaltou o presidente ourensán. Pola súa banda, o vicepresidente da Comisión e presidente da Deputación de Almería, Javier Aureliano García, puxo o acento nos gobernos locais e intermedios: “Estamos en León para defender o municipalismo, para defender as deputacións e o que conleva a capilarización do territorio”.

Fondos europeos para a rede de estradas de titularidade provincial

A Comisión de Deputacións Provinciais, Cabidos e Consellos Insulares da FEMP, presidida por Francisco Reyes -titular da Deputación de Xaén-, abordou en clave municipal e provincial as oportunidades abertas co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Economía Española -#ante o que a Deputación se converteu no primeiro goberno provincial de España en presentar un plan específico para captar fondos-. Entre outras cuestións vinculadas á chegada das partidas europeas no horizonte postcovid, o pleno desta mañá expuxo a necesidade de destinar fondos comunitarios ao mantemento dos case 70.000 quilómetros de estradas de titularidade provincial, no marco xeral de destacar o papel dos gobernos locais e intermedios durante a pandemia e erixir a estas administracións como un actor crave na xestión destes fondos. Ademais de analizar as consecuencias da reforma laboral, o pleno da comisión avanzou na preparación da Conferencia de Gobernos Provinciais, que este ano se celebrará en Valencia. “Igual que a comisión está convocada pola FEMP, nesa próxima conferencia ten moito que ver a Deputación de Ourense, que foi a que a activou hai anos en Ourense e xa está plenamente incorporada á axenda política dos gobernos provinciais”, lembrou Manuel Baltar.

Experiencias de xestión e a “referencia” da Deputación

O presidente da Deputación de Ourense destacou a importancia deste tipo de encontros: “Este é un lugar para intercambiar de experiencias de xestión, para falar de xestión, de futuro. E para que os outros presidentes provinciais coñezan os nosos plans. Por tanto é unha xornada baseada nunha palabra chave: cooperación”. Nesta mesma liña, o presidente da Deputación de Almería, Javier Aureliano García, define ao goberno provincial de Ourense como unha “referencia”: “Moitas cousas que está a facer Manuel Baltar e a Deputación de Ourense copiámolas para trasladar a outros territorios. Seguimos aprendendo del. Entre outras cousas, a León tamén vimos para intercambiar experiencias de xestión e a pedir consellos para seguir avanzando, e que as provincias sexan ese poder que capilariza e vertebra España”.