O vermut galego Povarelo da empresa carballiñesa H. Paniagua brilla con dobre medalla no prestixioso concurso mundial de Londres

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vermut Povarelo, elaborado pola empresa ourensá H. Paniagua no Carballiño, obtivo dúas medallas nos prestixiosos International Wine & Spirit Competition (IWSC) de Londres. As súas variedades branca e vermella foron distinguidas entre miles de bebidas de máis de 90 países.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
Imaxe: https://www.medrarsolutions.com/medrar-solutions/innovacion-y-sostenibilidad-con-rodrigo-paniagua-ceo-de-licores-paniagua/

O certame, referente mundial en viños e espirituosos, reuniu a máis de 250 catadores profesionais na capital británica. Povarelo destacou pola súa elaboración artesanal: utiliza unha coidada base de viños galegos e unha combinación equilibrada de botánicos naturais –algúns de orixe local–, macerados individualmente.

Rodrigo Paniagua, CEO do Grupo Paniagua, subliñou o valor do recoñecemento:

“Combina técnicas tradicionais –como maceración ou reposo en botella– con rigoroso control de calidade, creando un vermut con identidade propia. Este premio nun dos certames máis prestixiosos é un impulso enorme. Detrás hai traballo, paixón e compromiso. É un orgullo que Galicia e O Carballiño ecoen internacionalmente grazas ao noso vermut”.