O Carballiño sobe un caso ata os 20 casos activos, e Ribadavia conta con oito contaxios

A comarca do Carballiño mantén hoxe 30 (+1) contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe un contaxio, ata os 20 casos activos. Maside mantén os seis contaxios. San Cristovo de Cea mantén dous casos e Boborás conta cun so contaxio, igual ca San Amaro.

No Ribeiro, Ribadavia sobre tres casos ata os 8 casos activos, un máis ca onte; Arnoia presenta 6 casos e Carballeda de Avia presenta catro casos activos. Avión, Beade, Cenlle e Melón contan cun caso activo cada un.

A comunidade galega rexistra hoxe 237 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.871, preto de 200 casos novos esta fin de semana. A ocupación das camas dos hospitais presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 12 (-2) están en UCI e 71 (+9) en unidades de hospitalización.

Publicidade Premer na Imaxe

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 70 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 751 casos activos, preto de 70 máis nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 14 (+2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (-1)  na UCI.