Luis Menor pon en valor no Congreso de Xeriatría e Xerontoloxía as políticas desenvolvidas pola Deputación, “referentes en envellecemento activo e saudable”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial explicou ante os participantes neste cónclave internacional as medidas que ten implementadas a institución provincial para o coidado e atención integral das persoas maiores, con novidades como o programa experimental de termalismo contra a deterioración cognitiva leve, que comezará a vindeira semana

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 31 de maio de 2025.

O presidente provincial, Luis Menor, Visitou hoxe o XXXV Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía que se está desenvolver esta fin de semana en Ourense baixo o lema “Envellecemento, saúde e calidade de vida”.

Precisamente, Menor sinalou que o lema escollido entronca coas políticas desenvolvidas pola Deputación en materia de benestar social, calificándoas como “referentes en envellecemento activo e saudable”. Precisamente, o presidente provincial explicou ante os participantes neste cónclave internacional as medidas que ten implementadas a institución provincial para o coidado e atención integral das persoas maiores, con novidades constantes como o programa experimental de termalismo contra a deterioración cognitiva leve, que comezará a vindeira semana.

Luis Menor aproveitou tamén para agradecerlle á Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía que escollese Ourense para albergar este congreso internacional, “unha decisión acaída porque somos un territorio cunha contrastada lonxevidade saudable”.