Un conductor resulta ferido en Ribadavia ao envorcar o vehículo que conducía tras colidir con outros dous estacionados

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A rúa Carballiño, unha das principais vías de acceso ao centro do casco urbano de Ribadavia, foi, esta tarde, escenario dun accidente que ocorreu nas inmediacións do IES Ribeiro. Por causas que serán investigadas, un vehículo colidíu con outros dous que se atopaban estacionados nesa mesma rúa, e, como resultado do impacto, o turismo quedou envorcado na calzada.

O conductor e único ocupante do vehículo accidentado resultou cunha ferida leve na fronte, e foi trasladado nunha ambulancia do Servizo de Urxencias 061 ata o Centro de Saúde da vila ribadaviense. Ata o lugar do sinistro acudiron patrullas da Policía Local e Garda Civil e un equipo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Ribadavia.

COMERCIAL ORCELLÓN
PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------