O BNG comprométese coa defensa dos talleres ferroviarios de Ourense 

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Bernardo Varela “”Non podemos permitir que Ourense se converta nun Monforte II; ou defendemos os talleres agora ou acabarán en cero.”

Ourense, 3 de xuño de 2025. Luís Seara, Bernardo Varela e Iago Tabarés, representantes institucionais Bloque Nacionalista Galego no concello de Ourense, na Deputación e no Parlamento de Galiza  respectivamente, mantiveron este martes un encontro cos representantes sindicais dos traballadores de RENFE, no que se abordou a gravísima situación dos talleres de Ourense. A reunión tivo lugar no marco dunha campaña de contactos que o persoal ferroviario está a desenvolver con diferentes forzas políticas e institucións co obxectivo de frear un  proceso de desmantelamento encuberto do talleres de RENFE..

Durante a comparecencia ante os medios, o portavoz provincial do BNG, Bernardo Varela, manifestou con rotundidade que o Bloque “acompañará sen fisuras esta loita en defensa dos talleres de Ourense, dos postos de traballo e do papel estratéxico do sector ferroviario na provincia”.

Pola delegación sindical, Diego ,representante da CXT en RENFE, trasladou a preocupación do persoal pola recente decisión de trasladar o mantemento da serie de locomotoras 3000 a unha sociedade de capital maioritariamente privado. Esta decisión, aseguran, supón “un incumprimento flagrante” do acordo asinado hai apenas dous meses polo Ministerio de Transportes, RENFE e os representantes dos traballadores, que comprometía a continuidade das cargas de traballo durante un mínimo de cinco anos.

Segundo indicaron, esta manobra pon en risco inmediato 35 postos de traballo directos e representa “un modelo de privatización silenciosa” que replica experiencias como a de Monforte de Lemos, onde os talleres foron esmorecendo ata quedar cun único traballador activo, actualmente en proceso de ser desprazado.

Bernardo Varela cualificou como “intragable” a vulneración dos compromisos asinados e anunciou a presentación dunha batería de iniciativas nas diferentes institucións nas que o BNG ten representación, como o Parlamento de Galiza, a Deputación de Ourense e o Concello da cidade. “Apostamos por un modelo público e galego de ferrocarril, que atenda ás necesidades de mobilidade e industria do país, sen recorrer a subterfuxios societarios que esquiven o control público e a calidade do emprego”.

Pola súa banda, o deputado do BNG no Parlamento de Galiza, Iago Tabarés, quixo por de manifestó o compromiso deo BNG co transporte ferroviario ante os representantes dos traballadores e da sociedade e lembrou que a potenciación do transporte ferroviario forma parte do acordo de investidura co PSOE e que por fin se comeza a estudar unha rede de cercanías en Galiza,

A organización nacionalista avoga, sinalou Tabarés,  tal e como xa se ten demandado mesmo da man dos empresarios dos polígono de San Cibrao e do Pereio de impulsar a proposta dun nodo loxístico e ferroviario no parque empresarial, unha estación de mercadorías San Cibrao Taboadela, cun taller de reparacións e servizos auxiliares e orientado á creación de emprego e valor industrial para o país.

“Ourense non pode ser o novo Monforte. É o momento de actuar con decisión para garantir futuro e dignidade para o noso tecido produtivo.” Remataba sinalando Varela.