O Ministerio de Transportes inviste máis de 232.000 euros na remodelación do tramo urbano da N-541

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana investirá 232.280 euros na remodelación integral do tramo urbano de 1,6 quilómetros de lonxitude da estrada N-541 (Ourense-Pontevedra), según o proxecto solicitado polo Concello do Carballiño. As obras comprenderán o tramo entre as rotondas da ‘Casa Azul’, na rúa Francisco Castelló, e da Fontela, na avenida 25 de Xullo, ao longo de 1.650 metros.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Consistirán no extendido de 2.014 toneladas de aglomerado asfáltico, ademais do pintado de 5.072 metros de liñas brancas e 509 metros cadrados o cebreado (señalización horizontal de zonas de prohibición de circulación). O proxecto tamén contempla a sobreelevación dos pasos de peóns, co obxectivo de reducir a velocidade no tramo, coa previsión de crear un novo fronte ao supermercado Mercadona, e a colocación de sinais luminosas no existente á altura da intersección da rúa Otero Pedrayo. Todo elo, entre os puntos quilométricos 25,450 e 27,100 da estrada N-541.

A promotora deste proxecto é a Concellería de Seguridade Cidadá e Tráfico que dirixe o concelleiro Alberto Otero, que tamén acometerá previamente e con cargo ás arcas municipais unhas obras de canalización soterrada no cruce de Catro Camiños. Estes traballos, que suporán un investimento aproximado de 75.000 euros, permitirán a instalación dun novo cableado e dun novo grupo semafórico nesta perigosa intersección.

Alberto Otero apunta que a nova instalación, que se adaptará á normativa vixente, “é completamente necesaria xa que os actuais cables, de hai uns 40 anos ao igual que os semáforos, foron colocados nesa época na rede de saneamento, e o deterioro da mesma é o que está a producir cortes no subministro eléctrico debido a erosión por actividade de roedores e humidade”. Asemade, o Concello do Carballiño tamén aproveitará para facer o mesmo tipo de canalización no entronque da avenida 25 de Xullo con Otero Pedrayo, “pensando xa nun futuro grupo semafórico nesta zona”, adianta o edil de Tráfico.

Os traballos necesarios para a canalización comezarán na noite de hoxe e con previsión de continuar na noite de mañá, xoves 5 de xuño, polo que dende o Concello se prega á veciñanza que circule con precaución por este tramo.

En canto á execución do proxecto financiado polo Ministerio, está previsto que os traballos teñan o seu inicio na semana vindeira, concretamente a partires do día luns, día 9 de xuño.