Ourense, 4 de xuño de 2025
Ás 11:45 horas deste xoves 5 de xuño, na oficina do Rexistro Xeral do Concello de Ourense, na rúa da Barreira, 2, a asociación Amigas das Árbores entregará os pregos con centos de sinaturas de ourensáns que respaldan un manifesto pola protección e coidado das árbores, e sinaladamente en defensa do histórico Xardín do Posío fronte á agresión que está a sofrir polas obras de reforma integral. Haberá declaración ós medios.
Ás 18:45 horas farase unha recollida de refugallos plásticos na contorna do Posío.
Ás 20:00 horas, na porta norte do xardín do Posío, do lado do IES Otero Pedrayo, realizaremos unha acción de revexetación – renaturalización dun dos “alcorques” da rúa de Lugo. A este acto están específicamente convocados os grupos políticos representados na Corporación Municipal de Ourense para pedirlles que informen sobre o alcance e a situación actual das obras no Posío e outras cuestións relativas ó medio ambiente no concello.