Un investimento de 53.000 permitirá a mellora da estrada ao Penedo de Partovia e Mesego

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) da Xunta de Galicia vén de conceder ao Concello do Carballiño unha achega por importe de 53.586 euros para a execución do proxecto de acondicionamento da estrada que enlaza a vila do Arenteiro coas localidades do Penedo de Partovia e Mesego. O departamento municipal de Medio Rural, que coordina Miguel Fernández Castro, será o encargado de xestionar as obras correspondentes.

COMERCIAL ORCELLÓN

Esta subvención do Agader foi tramitada polo Concello ao abeiro do plan “Camiña Rural 2025-2026” e as obras de mellora contempladas levaranse a cabo entre o presente ano e o vindeiro. A pista á que fai referencia o proxecto, duns 3 quilómetros de lonxitude, é a que parte do barrio carballiñés da Solana ata o núcleo do Penedo, na parroquia de Partovia, e despois ten continuidade ata a localidade de Mesego.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------