A tempada de verán comeza o vindeiro sábado nas piscinas municipais do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Área de Deportes do Concello do Carballiño vén de anunciar a apertura oficial das piscinas municipais a partir do próximo 14 de xuño, dando así inicio á esperada tempada de verán. As instalacións estarán dispoñibles para toda a veciñanza e visitantes ata o día 14 de setembro en horario de 11,00 a 20,30 horas de luns a domingo.

COMERCIAL ORCELLÓN

Este ano, as piscinas contan con diversas melloras, tra-lo investimento duns 70.000 euros do plan CooperOU promovido pola Deputación Provincial de Ourense, incluíndo o cambio das duchas, a renovación integral da zona de praia, o acondicionamento e pintado das varandas e o arranxo das bombas de subministro de auga.

Ademais, dende o departamento municipal de Deportes anúnciase que se manterán as medidas de hixiene e seguridade, con especial atención a calidade da agua, o control de aforo e a vixiancia permanente por parte do persoal socorrista. As entradas estarán dispoñibles tanto na taquilla como online a través da APP do Concello do Carballiño, cos bonos quincenais e mensuais e coa opción de acollerse a abonos familiares e individuais.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------