O Club Aehde celebra o vindeiro domingo a súa gala de fin de curso das escolas de patinaxe

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Club Aehde O Carballiño celebrará o vindeiro domingo, 15 de xuño, a tradicional ‘Gala de fin de curso’ das súas escolas de patinaxe. No acto participarán unhas 200 patinadoras e patinadores repartidos entre a escola do club, o grupo de competición, a actividade extraescolar de patinaxe que imparte Aehde nos colexios Xesús Golmar e Manuel Rivero de Lalín, e a Escola de Celanova.

O evento arrancará ás 17,30 horas na cancha central do pavillón polideportivo Paco Chao do Carballiño, e ao longo de dúas horas iranse sucedendo as coregrafías grupais e individuais para que os máis pequenos poidan amosar o aprendido ao longo de todo o curso. Ao remate, recibirán o correspondente diploma logo de nove meses de curso.

Para o Club Aehde, a súa escola de patinaxe artística é un elemento esencial para o crecemento da entidade, que na sección de competición vive unha etapa ilusionante. De feito, na véspera, o grupo da modalidade de show de Categoría Nacional e o de Segunda Categoría tomarán parte nun trofeo de grupos show na localidade asturiana de Langreo.