CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL DE 2 XEFES/ AS DE BRIGADA, 2 PEÓNS/PEOAS CONDUTORES/AS E 4 PEÓNS/PEOAS PARA PARTICIPAR NA PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS
Convocatoria e bases de selección específicas para a formación das brigadas de prevención e
defensa contra incendios forestais.
Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por Resolución da Concellería Delegada de Persoal do 10.06.2025:
- Número e denominación das prazas: 2 xefes/as de brigada, 2 peóns/peoas condutores/as e 4
peóns/peoas para participar na prevención e defensa de incendios forestais. - Modalidade de contratación: temporal de duración determinada a xornada completa.
- Duración do contrato: tres meses.
- Sistema de selección: concurso-oposición.
- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes aos da publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do Concello do Carballiño, en horario
de 9.00 a 14.00 h. Tamén poderán presentarse na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015,
do procedemento administrativo común, neste caso, os concursantes deberán comunicalo mediante un correo electrónico a emprego@carballino.gal durante o mesmo prazo que o da presentación
de instancias. - Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de
anuncios da sede electrónica deste concello [http://carballino.sedelectronica.gal].