A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase esta semana a numerosos concellos da nosa contorna. Hoxe estivo en Beariz e Boborás e mañá viaxará ata Castrelo de Miño. Pola mañá, dende as 10:00 horas ata as 12:00 horas estará ubicado en Macendo, diante do centro de saúde. Logo desprazarase ata o Club Náutico de Castrelo de Miño, dende as 12:30 horas ata as 14:00 horas.
Todo aquel que queira achegarse poderá facelo con ou sen cita previa.
VIDEO SPOT CASTRELO DE MIÑO en BADAL TV