O barrio de Flores do Carballiño organiza un ano máis a súa tradicional celebración do solsticio de verán cun amplo programa de actividades que terá lugar mañá sábado, 21 de xuño, a partir das 20,30 horas.
Así, a asociación Tradicións e Buscas Feira Pepa Loba, coa colaboración de A Bodega e o Concello do Carballiño, convoca a toda a veciñanza da vila e persoas de fóra a que se acheguen ata o barrio para participar nunha gran sardiñada. Xa pola noite, acenderanse as ‘cacharelas’ para que os asistentes poidan deixar atrás tódalas malas experiencias saltando sobre o lume.
Tamén está prevista a elaboración dunha queimada e a lectura do esconxuro a cargo do Trasno do Diaño. Todo elo, amenizado pola música tradicional do grupo folclórico Feitizo de Pau, para festexar o tránsito cara a estación estival na xornada máis longa do ano.