O comercio de alimentación ourensá aposta por intensificar a loita por un convenio digno

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un grupo de persoas traballadoras desenvolveu hoxe unha mobilización diante da central loxística de Froiz en Poio (Pontevedra)
Ourense, 23 de xuño de 2025.
A asemblea do persoal do comercio de alimentación da provincia de Ourense decidiu xeito unánime intensificar a loita por un convenio colectivo digno, de xeito que as centrais CIG, CCOO, UGT e USO deseñaron un calendario de protestas que se iniciou hoxe cunha concentración diante da central loxística do grupo Froiz na localidade pontevedresa da Poio. Ademais, convocaranse xornadas de folga cada mes, comezando os vindeiros días 24 e 26 de xullo.
Dende as centrais sindicais reiteran o seu compromiso coa demanda das persoas traballadoras do sector de igualar as condicións laborais coas do persoal do resto de provincias, “porque as persoas traballadoras do comercio de alimentación ourensá non van aceptar seguir sendo man de obra de segunda”. Mais a patronal (Gadis, Froiz e Cuevas) insisten en non recoñecer a desigualdade salarial existente “alegando que o custe da vida aquí é menor; pero nós rexeitamos esa escusa: o noso traballo é o mesmo”.
En consecuencia, a asemblea de persoas traballadoras acordou levar a cabo a partir do 30 de xuño dúas concentracións semanais diante das tendas máis importantes de cada unha destas empresas “para informar á clientela desta inxustiza”. A protestas desenvolveranse ao longo do día de 10:30 a 12:30 horas e dende as 19:30 até a hora de peche dos establecementos.
Ademais de desenvolver protestas ás portas das centrais loxísticas dos tres grupos: hoxe na de Froiz en Poio (Pontevedra), mañá día 24 na de Cuevas en Ourense e o mércores 25 na de Gadis en Piadela (A Coruña). Todas elas entre as 11:00 e as 12:00 horas.
Dende a CIG-Servizo de Ourense denuncian que a Garda Civil impediu que a mobilización de hoxe se puidese celebrar xusto diante das instalacións da empresa, polo que se tivo que optar por trasladala ao outro lado da estrada.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO