O ‘Festival Arteficial’ organiza do 2 ao 6 de xullo unha xira de presentación por diferentes localidades de Galicia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A asociación Arteficial, organizadora do ‘Festival Arteficial’, que se celebrará os días 5 e 6 de setembro en Ribadavia, pon en marcha a súa xira previa de presentación por diferentes puntos de Galicia durante o mes de xullo. Un xeito de quentar motores, estreitar lazos con outras comunidades e seguir apostando pola descentralización cultural que caracteriza o festival.

A “Xira Arteficial 2025” contará con Stereo Madness, un grupo con base en Madrid e raíces en Benicàssim, que aporta unha enerxía fresca e xuvenil a xéneros como o funk, disco, groove e electro, nun formato DJ set+talkbox que xa é marca da casa. Ao longo das presentacións, anunciarase ademais o cartel completo do festival.

Coma novidade, este ano, durante cada unha das presentacións, ofreceranse consumicións gratuítas de Alhambra, Povarelo e Gran Alanís ás primeiras persoas que cheguen. Un pequeno incentivo para quen vive o festival dende o minuto un.

A xira segue apostando por propostas gratuítas, accesibles e abertas, en colaboración con colectivos locais e iniciativas como a Asociación Galega de Profesionais de Xestión Cultural (AGPXC) e o Pacto de Cultura Sustentable, asociacións culturais de base e espazos singulares, fortalecendo así o tecido cultural alternativo galego.

Este ano, o festival contará co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, así como do Concello de Ribadavia, a Deputación de Ourense, o Museo Etnolóxico de Ribadavia, Destilerías Miño (vermú Povarelo, Licores Paniagua e La Pócima), Alhambra e Bodegas Gallegas (viño Gran Alanís e Augas de Sousas).

A xira de presentación desenvolverase entre os días 2 e 6 do vindeiro mes de xullo. Así, o programa comezará o mércores 2, ás 21,30 h., na Sala Kominsky, en Vigo, e continuará o venres 4, ás 21,00 h., en Jota Jota Discotasca, en O Rosal, e o sábado 5 en El Pueblo Café Cultural, en Ourense, a partir das 19,00 h. O domingo, día 6, haberá sesión: ás 12,00 h. en A Pegada do Gato, en Ribadavia, e, ás 19,00 h., no Camping Lago-Mar, en Merexo (Muxía).

PUBLICIDADE